O vindeiro domingo terá lugar un paseo guiado gratuíto por Lugo para despedir o ano

LugoXa
Neste caso, comezará ás 16.00 horas no Parque Rosalía de Castro e terá unha duración de tres horas
O-Lugo-menos-coñecido-Guido-Guía
23 Dec 2024

O vindeiro domingo, 29 de decembro, terá lugar un paseo guiado gratuíto por Lugo para despedir o ano da man do guía turístico Guido Álvarez Parga.

Neste caso, comezará ás 16.00 horas no Parque Rosalía de Castro e terá unha duración de tres horas para todas aquelas persoas que queiran participar, que xa se poden inscribir mandando un correo a guidoguiaturismo@gmail.com.

Este desenvolverase baixo a temática do Lugo menos coñecido, o máis famoso dos seus proxectos, co que leva 6 anos ensinando lugares pouco frecuentes nos itinerarios turísticos clásicos tanto en Lugo como no resto de Galicia.

0.15670609474182