O vindeiro luns abre o prazo de inscrición para un novo curso de piloto de drons

LugoXa
O vindeiro luns 13 de marzo abre o prazo de inscrición para un novo curso de piloto de drons para rapaces entre 16 e 39 anos
Curso manexo drones portada
9 Mar 2023

O novo curso de piloto de drons, enmarcado dentro das actividades do programa +Xti, está dirixido a lucenses de entre 16 e 39 anos empadroados en Lugo.

A actividade terá unha duración de 2 horas, en horario de 16.00 a 18.00 ou de 18.00 a 20.00, os xoves, venres e os sábados do 13 de abril ao 26 de maio.

As persoas interesadas poden inscribirse de maneira individual ou en parella, xa que non se admitirá a máis de dous participantes na mesma sesión para asegurar a atención merecida e a oportunidade de participación de todos os asistentes.

As inscricións estarán abertas dende o 13 de marzo ao 13 de maio, a través desta web. As persoas interesadas deberán indicar a hora de preferencia no formulario de inscrición.

Curso manexo drones
0.10796308517456