O vindeiro martes terá lugar unha nova xornada de Comercio na Rúa
LugoXa
Nela participan máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación
21 sep 2024
O vindeiro martes, 24 de setembro, terá lugar unha nova xornada de Comercio na Rúa. Esta iniciativa de continuidade, que se desenvolve o último martes de cada mes, está organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo.
Nela participan máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación, que poden sacar os produtos á rúa nesta xornada e estarán debidamente identificados cunha bandeira da campaña, polo que serán perfectamente visibles para os clientes.
O obxectivo de Comercio na Rúa é achegar o comercio local ao consumidor, poñendo en valor o sector e dinamizando o consumo.