O Vive Praza previsto para mañá venres adiado por previsión meteorolóxica adversa

LugoXa
O Vive Praza que se ía celebrar este venres queda adiado por mor da climatoloxía adversa ata confirmar nova fecha
Programa vive praza Portada
8 sep 2022

O evento Vive Praza previsto para este venres día 9 de setembro queda adiado por previsión meteorolóxica adversa a falta de confirmar unha nova fecha para a súa celebración.

A xornada tiña como obxetivo dar a coñecer e poñer en valor os proxectos instalados nos viveiros de empresas municipais e onde se ían coñecer unha vintena de proxectos, produtos e servizos emprendedores que están a medrar desde os viveiros de empresa municipais.

Ademais, tamén estaba previstas unha sesión vermú emprendedora para fomentar o networking, ludoteca para crianzas desde 3 anos, un obradoiro infantil relacionado co emprendemento, un contacontos, e como peche final unha actuación musical.

Esta iniciativa que está enmarcada dentro do movemento Localmente Lucense, promovido polo executivo municipal, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, queda suspendida a espera de unha nova fecha de celebración.

Programa vive praza 1
0.16182708740234