O xefe da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo, Gerardo Pallares, recibiu a Medalla ao Mérito Colexial

LugoXa
Foi o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen lle entregou a medalla en recoñecemento do seu traballo
medalla-Gerardo-Pallares
7 Nov 2024

O xefe da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) en Lugo, Gerardo Pallares, recibiu a Medalla ao Mérito Colexial que lle concedeu o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia. Foi o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen lle entregou a medalla en recoñecemento do seu traballo.

O acto celebrouse na Coruña e contou coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que quixo sumarse ao recoñecemento e destacar “o gran labor que realiza desde a Delegación Territorial, a súa dedicación e vocación de servizo público”.

Tamén obtiveron a Medalla ao Mérito Colexial Juan Loureda Mantiñán e Bento Machado Aires. Ademais, no acto entregáronse as insignias conmemorativa aos profesionais que cumpren 25 anos de profesión, e serviu para dar a benvida aos novos colexiados da demarcación de Galicia.

0.19616603851318