O xefe de Tráfico deixa o cargo despois de 5 anos liderando a Xefatura Provincial

LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao responsable da xefatura provincial de Trafico, Ángel Álvarez, para despedilo polo seu trasladado a León, a súa cidade natal, onde asumirá o cargo de xefe de área de atención ao cidadán no Centro de Tratamento de Denuncias Automatizadas.
angel alvarez xefe trafico lugo2
11 Xan 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao responsable da xefatura provincial de Trafico, Ángel Álvarez, para despedilo polo seu trasladado a León, a súa cidade natal, onde asumirá o cargo de xefe de área de atención ao cidadán no Centro de Tratamento de Denuncias Automatizadas. A subdelegada agradeceulle a implicación durante todos estes anos á fronte da xefatura provincial de Tráfico.

Isabel Rodríguez reafirmou o gran traballo que estivo levando a cabo no cargo, grazas ao cal leváronse a cabo numerosas campañas e accións de concienciación e precaución viaria. A subdelegada desexoulle moitos éxitos no seu novo destino e agarda “que siga levando a cabo o seu novo desempeño coa mesma profesionalidade que o fixo en Lugo”.

Ademais, durante o encontro repasaron os temas máis relevantes feitos na provincia relacionados coa seguridade nas estradas, o funcionamento das accións informativas levadas a cabo e demais asuntos nos que participou a xefatura de tráfico. Así, a nova xefatura de tráfico da provincia queda en mans de xeito temporal de Seila González, ata que se produza un nomeamento oficial.

Vida

Ángel Álvarez naceu en León en 1982. É Licenciado en Dereito pola Universidade de León e funcionario da escala superior de Técnicos de Tráfico da DXT. Con anterioridade, Álvarez ocupou o posto de subxefe na Xefatura de Tráfico da provincia da Coruña e ata o seu nomeamento como xefe provincial de Lugo en outubro de 2018.

0.19250893592834