O XuvenCiencia regresa a Lugo do 30 de xuño ao 6 de xullo

LugoXa
O talento investigador mozo agroma no Campus Terra da man de XuvenCiencia, que deu comezo hoxe con 16 obradoiros
3 Abr 2024

O Campus de Verán XuvenCiencia, unha cita organizada polo grupo de innovación docente XuvenCiencia da USC e afianzada xa nas primeiras datas do calendario estival, xa ten datas para a súa vindeira edición. A sede universitaria luguesa acollerá a proposta que regresa á cidade do 30 de xuño ao 6 de xullo cunha variedade de proxectos e actividades para a comunidade educativa. Ofértanse 95 prazas e a preinscrición abre o venres 3 de maio ás 15.30 horas.

A súa undécima edición botou a andar coa celebración dunha xincana na que tomaron parte os 95 estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional chegados de toda Galicia e tamén doutras localizacións de España. O público preuniversitario tivo oportunidade de achegarse durante unha semana desde o Campus Terra ao mundo da investigación a través de 16 proxectos participativos.

Práctica veterinaria, sismoloxía, xenética, cociña molecular, robótica, fotosíntese artificial, análises clínicas, cultura a golpe de clic, cultivos in vitro, impresión 3D, xornalismo ou comunicación científica foron algúns contidos sobre os que versaron os proxectos dispoñibles no último campus. As propostas están baseadas nalgunhas das liñas de investigación punteiras que se están a desenvolver no Campus de Lugo da USC, tal e como son as relacionadas co peixe cebra para tratamento do cancro e doenzas raras ou a procura de novas fontes de enerxía mediante fotosíntese artificial.

De feito, a mocidade participante no XI Campus de Verán XuvenCiencia puido escoller entre proxectos de tipo biosanitario, científico experimental, de ciencias sociais e humanidades, itinerarios de divulgación científica a través dos que se achegan ao día a día da investigación que se desenvolve no Campus Terra.

0.20977306365967