O XV torneo de San Froilán de béisbol e sóftbol regresa a Lugo

LugoXa
O Campo de Béisbol de O Ceao acollerá tres xornadas de deporte, amizade e ambiente festivo con equipos de Cambre, Teo e Lugo
Torneo-San-Froilán-Beisbol
3 Oct 2025

Lugo volverá a encherse de deporte e emoción co béisbol e o sóftbol, concretamente no Campo de Béisbol do Ceao, onde se celebrará a XV edición do torneo de San Froilán 2025, que se desenvolverá en tres xornadas e reunirá xogadores, familias e afeccionados nunha cita consolidada no calendario deportivo local.

Nesta edición participarán equipos de Cambre e Teo, que competirán cos lucenses en xornadas cheas de compañeirismo e espírito festivo. O evento está organizado polo Club de Béisbol Lume, é de entrada gratuita e aberto a todo o público interesado en animar aos equipos participantes.

A axenda de partidos é a seguinte: o sábado 4 ás 10:00 horas os sub15 do Lume enfrontaranse ao Club de Béisbol Cambre nun encontro puntuable para a Copa de Galicia. O luns 6 ás 11:00 será o turno dos veteranos, que competirán en sóftbol contra os veteranos do Helios. Finalmente, o sábado 11 ás 10:30 o CBS Os Tilos de Teo desprazarase a Lugo para disputar un novo partido sub15 da Copa de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.068295955657959