Obradoiro de bordado a man este luns no campus de Lugo

LugoXa
Obradoiro de iniciación ao bordado da man de Bico de Grao no marco do ciclo ‘Ao pé do carballo’. Este luns na carballeira
obradoiro bordado usc lugo portada
6 May 2023

O ciclo Ao pé do carballo, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o vindeiro luns 8 de maio, a partir das 17.00 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a posibilidade de participar no obradoiro de iniciación ao bordado Fixenöeu, da man da cooperativa Bico de Grao.

Fixenöeu é un obradoiro de deseño e confección téxtil que forma parte da cooperativa Bico de Grao. A súa máxima é a creación de pezas téxtiles a partir de material de refugallo, o que permite darlle varias vidas ás roupas que xa non se usan. Cunha perspectiva de creación consciente, elaboran fundamentalmente, bonecos de tea.

Esta actividade, que servirá tamén de escenario para a presentación da cooperativa Bico de Grao, é de acceso libre e de balde para o público interesado previa inscrición no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal. As prazas son limitadas.

obradoiro bordado usc lugo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18959712982178