Obradoiros infantís, mostras e conferencias na Deputación polo Día Mundial do Medio Ambiente

LugoXa
O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, poñer en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación
Pazo-San-Marcos-Lugo
3 Xuño 2024

A Deputación de Lugo conmemora a vindeira semana o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o próximo 5 de xuño, cunha serie de actividades educativas e gratuítas deseñadas para nenos e adultos. O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, poñer en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación.

Por unha banda, os talleres de educación ambiental levaranse a cabo os días 3, 4 e 6 de xuño, de 17:00 a 20:00 horas, na praza de San Marcos. As actividades están dirixidos a nenos a partir de 6 anos, e son totalmente gratuítas e de asistencia libre, sen necesidade de inscrición previa. Os participantes poderán desfrutar durante estas tardes dunha variedade de obradoiros sobre Bombas de Sementes, estampado e de Hotel de Insectos, de Mini Horta Urbana. No Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 4 de xuño, desenvolverase un taller para facer música coa reciclaxe.

A Deputación programa varias actividades para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, que este ano se centra na protección dos ecosistemas terrestres. Ás 12 do mediodía, a institución provincial inaugurará nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos a exposición Dende a Reciclaxe á Creatividade Musical; e pola tarde, ás 18:45 horas os usuarios e usuarias dos hortos urbanos do Río Rato recibirán no Salón de Actos os diplomas acreditativos das actividades formativas nas que participaron; e a continuación, ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia Pragas de Emerxencia, que impartirá Manuel Andrade e abordará as ameazas da praga de mosquitos.

Ademais, ese mesmo día a Deputación súmase a apagada ambiental que convoca o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro do programa People Planet, co obxectivo de concienciar sobre o cambio climático e o consumo enerxético. Para elo, a fachada do Pazo de San Marcos suspenderá a súa iluminación.

0.082188129425049