Obras de humanización no Concello de Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla vén de iniciar as obras de humanización e mellora urbana da Rúa Xeral Portomoñe.
En concreto, preténdese humanizar e mellorar a accesibilidade dos peóns na rúa Xeral Portomeñe mediante a ampliación das beirarrúas e a súa posterior pavimentación e acabado. Porase unha rampla nos pasos de cebra e está previsto mellorar a sinalización viaria, reducir a velocidade do tráfico rodado diminuíndo o ancho da estrada e ampliando o ancho dunha das beirarrúas para facilitar o paseo. Tamén se pretende limitar o aparcamento a un dos laterais da rúa.
Propóñense obras de substitución e ampliación de beirarrúas para que cumpran as seguintes funcións:
Humanizar o viario para o paseo dos peóns, especialmente favorecer o uso do viario público para as persoas de mobilidade reducida.
Protexer aos peóns ampliando as beirarrúas e reducindo os espazos do tráfico rodado.
Favorecer o acceso ás vivendas dos coches mediante a execución de ramplas.
Mellora na sinalización viaria da trama urbana.
O prazo de execución das obras será de tres meses. O orzamentos desta actuación ascende a un total de 87.267,79 euros.