Obras de mellora na estrada que comunica a parroquia de Abeledo coa de Recimil

LugoXa
Avance nas tarefas de mellora do firme do camiño de titularidade municipal que comunica os núcleos de Abeledo e Recimil.
obras abeledo recimil
9 May 2021

O edil responsable de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou o avance das tarefas  de mellora do firme do camiño de titularidade municipal que comunica os núcleos de Abeledo, na parroquia de Santa María de Bóveda, e Recimil, en San Lourenzo.  

A obra, na que se invisten 54.825 euros, enmárcase no Plan Único Provincial de Cooperación. “O viario é moi transitado e a súa mellora beneficiará directamente a medio milleiro de veciño/as da zona”, segundo explicou Miguel Fernández. 

O edil explicou que a actuación consistirá na limpeza e formación de cunetas para  facilitar a circulación de augas de escorrentía, na extensión dunha capa de rodadura de  mestura asfáltica en quente, previa regularización da superficie nas zonas máis  deformadas ou con baches, e na sinalización horizontal e vertical no ámbito de  actuación. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21867203712463