Ofertan viaxes para a Festa do Polbo de Mugardos e do Bonito de Burela entre os veciños de Lugo
A área de Benestar Social do Concello de Lugo pecha o programa de excursións culturais e de ocio para este verán, ofertando catro viaxes ás festas do polbo de Mugardos e do Bonito de Burela, ademais de visitas ás localidades de Vimianzo e Ponteareas. Haberá 50 prazas abertas a todos os públicos para cada un dos viaxes e as inscricións previas deberán facerse, ben no centro cívico de Uxío Novoneyra ou no da Milagrosa, o luns, martes o mércores da semana anterior á excursión.
Todas as saídas serán desde a praza do Bretaña, ás 09.00 horas e a chegada está prevista para as 21.00 da noite no caso de todos os traxectos, que terán un custo de 4,12 euros, mentres que o xantar correrá a cargo de cada participante. A concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, sinala que “con este programa pretendemos promover a socialización das veciñas e veciños de Lugo, ao tempo que ofrecemos a posibilidade de gozar de festas culturais e gastronómicas únicas en Galicia”.
É unha forma de diversificar a oferta de ocio municipal, a destinos que “non só destacan polo seu valor turístico, senón polo seu patrimonio cultural, etnográfico ou gastronómico”. A primeira das saídas está programada para o sábado 13 de xullo á Mugardos, polo que a inscrición deberá facerse os tres primeiros días da semana anterior, no Uxío Novoneyra. Neste mesmo centro de convivencia se poderá solicitar praza para a segunda das viaxes, nesta caso a outra das grandes festas gastronómicas galegas, a do bonito de Burela, que será o sábado 3 de agosto.
Tamén terá lugar a saída ao municipio coruñés de Vimianzo, para visitar o conxunto etnográfico de Batáns e Muíños do Mosquetín, previsto para o sábado 24 de agosto. Pechará o calendario de viaxes a saída a Ponteareas, o 7 de setembro, coa visita ao castelo de Sobroso. Para ambas excusións a inscrición se realizará no centro de convivencia da Milagrosa, de luns a mércores da semana anterior á saída.