Ofrecen este domingo en Castro de Rei unha charla sobre a seguridade dos maiores

LugoXa | TerraChaXa
A Garda Civil ofrece unha charla en Castro de Rei sobre o Plan Maior este domingo, 14 de abril, ás 17.
charla-plan-maior-seguridade-castro-portada
13 Abr 2024

A Garda Civil ofrece unha charla en Castro de Rei sobre o Plan Maior este domingo, 14 de abril, ás 17.00 horas no Teleclub Xosé Manuel Carballo.

A cita tratará sobre a prevención e mellora da seguridade dos maiores e este tipo de reunións estanse a realizar nos distintos concellos ofrecendo consellos para evitar riscos, en especial en materia de roubos, estafas e seguridade en dispositivos móbiles. Está organizada por Amigos da Feira e a asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño.

Impartirán a sesión Javier Teijeiro, sarxento 1º comandante do posto da Pastoriza e formador do Plan Maior da Compañía de Vilalba, e Ramón Peña, técnico en Ciberseguridade e Adiccións, formador do equipo do Plan Director da Garda Civil de Lugo.

0.20961809158325