Ofrenda Floral en homenaxe a Evangelista Rey Galán polo 70º Aniversario do seu acto heroico
O Concello de Rábade organizou unha emotiva homenaxe a Evangelista Rey Galán, co gallo do 70º aniversario do acto heroico que lle custou a vida mentres salvaba un neno de dous anos dun tren.
O acto conmemorativo, que se celebrou no lugar onde Evangelista realizou o seu xesto altruísta, contou coa participación da alcaldesa de Rábade, Reme González, quen depositou un ramo de flores na cruz recentemente restaurada. Neste xesto simbólico estivo acompañada pola súa tataraneta.
Tamén participaron familiares de Evangelista, así como descendentes do neno que salvou hai 70 anos, xunto coa súa viúva, irmáns e sobriños.
A homenaxe destacou polo seu carácter próximo e significativo, un recordatorio da importancia de manter viva a memoria daqueles que, coa súa valentía, deixaron unha pegada imborrable na comunidade.
O evento rematou cunha mensaxe de gratitude e recoñecemento cara á figura de Evangelista Rey Galán, lembrando o seu exemplo de solidariedade e humanidade. Sempre na memoria de Rábade.