Olalla Rodil aposta na Mariña por "converter a cultura nun dereito" que xere riqueza

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, acompañada do candidato da Mariña, Daniel Castro reunironse con mozos e mozas, da comarca de A Mariña, referentes no mundo cultural e creativo.
olalla_rodil_visita_marina
27 Jan 2024

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, acompañada do candidato da Mariña, Daniel Castro reunironse con mozos e mozas, da comarca de A Mariña, referentes no mundo cultural e creativo. Rodil acreditou na necesidade de "converter a cultura nun dereito de xeito que, ademais, xere riqueza; a expresión máis visíbel do que somos e de como entendemos o mundo mantendo unha identidade propia".

Deste xeito, explicou que a Xunta “ten a obriga de atender con políticas públicas específicas o desenvolvemento da creatividade e da cultura no noso país". Ademais, para a candidata, é necesario “deixar atrás esta década negra de gobernos do PP para poñer en valor todo o potencial creativo que temos, proxectando desde Galiza un discurso cultural propio, unha ollada propia no mundo, dun xeito plural e aberto".

Dende o BNG fíxose fincapé en que "nos últimos quince anos o Partido Popular desmantelou, programa a programa e centro a centro, a cultura deste país”. Para eles o PP  é “sinónimo de ataque constante a todo o que representa o potencial creativo e a identidade propia de Galiza, e Rueda-Feijóo son alumnos avantaxados do discurso españolista que hoxe representan as tres dereitas".

Apoiar unha cultura viva

Pola súa banda Daniel Castro, múmero 2 da candidatura nacionalista expresou que o BNG “acredita nunha cultura galega viva, con intención formadora no persoal e transformadora no social, que estimule a participación cidadá, apoie a creación artística, faga aínda máis visíbel a nosa produción cultural e actúe como elemento de dinamización, desenvolvemento e vertebración territorial, social e económica do noso país". O modelo cultural que o BNG defende é “integral e estratéxico, asume un compromiso investidor axeitado, capaz de deseñar e desenvolver o horizonte futuro ao que queremos chegar tendo en conta todos os planos en que a cultura se manifesta hoxe en día”.

Referiuse así ao eido da creación, “promovendo a formación, a investigación e a excelencia artística”, aos sectores  culturais, “apoiando a existencia dun tecido empresarial galego que sustente con profesionalidade, saber facer e independencia o talento artístico existente” e o patrimonial, “con políticas que favorezan a conservación e o aproveitamento sustentábel e responsábel do noso patrimonio e o poñan en relación coas dinámicas creativas actuais”. Tampouco se esqueceu do plano sociocultural, “promovendo a implicación activa do pobo e a implantación comunitaria das políticas e dos proxectos, a través da cooperación dos diferentes axentes culturais -asociativos, públicos e privados— existentes no territorio”.

0.1599760055542