Olalla Rodil denunciou a situación de colapso do HULA no Parlamento

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, denunciou a situación de colapso na que se atopa o servizo de urxencias do HULA reclama ao Goberno de Rueda un cambio de rumbo na súa política sanitaria porque, coa que está aplicando agora, “dinamita o sistema público” e “pon en risco a saúde” das e dos lucenses.
Tal e como anticipou o BNG ante a falta dun plan serio para garantir o bo funcionamento da rede sanitaria, o peche de 20 camas na unidade 4b2 e un cadro de persoal baixo mínimos "está tensionando o funcionamento do servizo de urxencias do HULA, tal e como denuncia o persoal que alí traballa.
Nas urxencias do HULA "vívense días complicados pola saturación de Urxencias, con múltiples pacientes situados nos corredores. “Como non hai capacidade para ingresar en planta, por ter camas pechadas, satúranse as Urxencias que, ao mesmo tempo, sofren a falta de capacidade que teñen os centros de saúde para atender aos docentes”, explica a deputada, que lembra que, segundo o persoal sanitario houbo pacientes que tiveron que agardar ata 16 horas para ser ingresados en planta.
Rodil denuncia que “ a política sanitaria do Partido Popular dinamita a nosa sanidade pública e pon a saúde da poboación en risco constante”, polo que empraza o Goberno de Rueda a tomar “medidas urxentes” para garantir unha asistencia sanitaria de calidade para todas as persoas na sanidade pública.