Olalla Rodil e Daniel Castro viaxan a Ourense en tren para "evidenciar o illamento ferroviario” de Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
Olalla Rodil e Daniel Castro están a viaxar a Ourense en ferrocarril co obxectivo de "evidenciar o sufrimento das persoas de Lugo día a día cando precisan utilizar un tren do que carecemos na provincia" Pasada a primeira hora de viaxe, encóntranse en Oural, un percorrido que en coche leva uns 27 minutos.
olalla_rodil_daniel_castro_tren_lugo_ourense
6 Feb 2024

Olalla Rodil e Daniel Castro están a viaxar a Ourense en ferrocarril co obxectivo de "evidenciar o sufrimento das persoas de Lugo día a día cando precisan utilizar un tren do que carecemos na provincia"

Pasada a primeira hora de viaxe, encóntranse en Oural, un percorrido que en coche leva uns 27 minutos. O tren atópase detido debido a unha avaría técnica, sen ter claro que vaian chegar ata Monforte de Lemos en tren ou se será preciso cambiar ao autobús.
"Isto é un exemplo perfecto do illamento ferroviario no que se atopa Lugo, froito de desleixo e abandono de forzas estatais", afirmou Olalla Rodil. A candidata engadiu que a comunidade "necesita un Goberno forte con Ana Pontón e o BNG á fronte que defenda os intereses das galegas e galegos, especialmente da xente de Lugo".

0.20053005218506