Olalla Rodil puxo en valor as instalacións e o labor de Alume en Lugo

Olalla Rodil visitou as instalacións de Alume en Lugo, acompañada por Alex Penas, ambos do BNG, acompañados por membros da directiva e traballadores de dita asociación para coñecer de primeira man o traballo que realizan no ámbito da saúde mental.
Rodil puxo en valor o importante labor que realizan desde hai 30 anos na cidade de Lugo e na comarca atendendo persoas con enfermidades mentais graves” .
Para o BNG a atención á saúde mental “é unha prioridade, por iso é esencial dotar dos recursos necesarios a sanidade pública galega e tamén e as entidades sociais que como Alume que promoven a recuperación e a inclusión social das persoas con efermidades mentais graves mellorando a calidade de vida das súas usuarias e usuarios”, destaca a deputada nacionalista.
En saúde mental, como en calquera doenza, é fundamental garantir tempos de asistencia áxiles que permitan actuar con rapidez por iso é básico dotar a sanidade pública dos recursos humanos e asistenciais necesarios tanto na detección, na intervención como tamén na atención integral.
Segundo os datos do informe publicado polo Consello de Contas, “a área sanitaria de Lugo é na que máis medraron as listas de espera en saúde mental nos últimos anos estando aínda moi lonxe o número de profesionais dos que dispoñemos dos necesarios para garantir unha atención de calidade”, concluíu Rodil.