Olalla Rodil repetirá á fronte do BNG pola provincia de Lugo
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Olalla Rodil, de Ribeira de Piquín volverá encabezar a lista pola provincia de Lugo ás próximas eleccións á Xunta de Galicia.
12 Jan 2024
Olalla Rodil, de Ribeira de Piquín volverá encabezar a lista pola provincia de Lugo ás próximas eleccións á Xunta de Galicia. Coas listas aínda sen pechar, xa se sabe que non repetirán para estes comicios Xose Luis Mini Rivas nin Carmen Aira.
O equipo do BNG polo resto das provincias tamén se mantén en maior medida, presidido por Ana Pontón, que lidera a lista da Coruña, xunto a Mercades Queixas.
As listas deberán se aprobadas este sábado polo Consello Nacional do BNG.
Olalla Rodil, licenciada en publicidade, activista feminista, pertence á executiva e ao Consello Nacional do partido. É deputada por Lugo desde a pasada lexislatura e exerce como vicevoceira parlamentaria.