Olalla Rodil reúnese coas traballadoras da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea

LugoXa | TerraChaXa
As traballadoras mostraron a súa preocupación pola entrada de novos perfís de residentes para os cales non teñen protocolos nin formación para a súa atención
reunion-traballadoras-residencia-maiores-castro-ribeiras-de-lea
30 May 2025

A deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Galego, Olalla Rodil, xunto coa concelleira do BNG de Castro de Rei, Olga García, mantiveron unha xuntanza coas traballadoras da residencia de maiores de Castro de Riberas de Lea.

Esta residencia é de titularidade da pública pero que a Xunta de Galiza privatizou. Neste sentido denunciaron que a Xunta de Galiza a única reforma que fixo en materia de atención ás persoas maiores en residencias foi a eliminación da obrigatoriedade de ter unha enfermeira 24 horas co que iso implica para a atención ás mesmas.

As traballadoras tamén mostraron a súa preocupación pola entrada de novos perfís de residentes para os cales non teñen protocolos nin formación para a súa atención.

O BNG defende unha vellez digna e un modelo de coidados que prime o benestar das persoas antes que os beneficios das empresas privadas. É un dereito das persoas residentes recibir unha atención digna e en condicións de calidade, non se pode abandonar de este modo ás persoas usuarias. “Por iso imos trasladar ao Parlamento Galego as demandas tanto das traballadoras como tamén das persoas usuarias polos recortes que se están dando tanto no ámbito laboral como tamén no asistencial” manifestou a deputada nacionalista.

“O dereito a unha vellez digna non pode ser convertido nun negocio” conclúe Rodil

⚙ Configurar cookies
0.17254400253296