Olga García Portela, elixida como candidata do BNG á Alcaldía de Castro de Rei
O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei elixiu, a través dun proceso democrático e participativo, quen encabezará a candidatura nacionalista nas vindeiras eleccións municipais do 28 maio.
Olga García Portela foi a persoa asignada pola asemblea para afrontar o reto de encabezar o proxecto do BNG en Castro de Rei.
Olga García, candidata do BNG á Alcaldía “quero agradecer ás compañeiras e compañeiros por depositar en min a confianza de seguir co traballo do BNG en Castro de Rei, asumo este reto con responsabilidade mais co optimismo de facer avanzar o noso concello”.
Neste senso, a candidata subliñou “imos saír a por todas, o BNG está activo para producir un cambio en Castro de Rei, temos moi clara a nosa dirección, poñer no centro os intereses das veciñas e veciños”.
De igual xeito, Olga García destacou que “o BNG defenderá servizos públicos, como fixemos coa sanidade pública do concello, e desenvolveremos todas potencialidades de Castro de Rei nun proxecto que ilusione, con coherencia, rigor e capacidade”.