Once locais de hostalaría participan no Certame de Tapas da Fonsagrada
LugoXa
isitantes e veciños poderán gozar das mellores propostas gastronómicas durante cinco días
Cartel da cita
5 Xuño 2024
O Concello pon en marcha o XI Certame de Tapas da Fonsagrada. A cita, que conta coa colaboración da Deputación, será do martes 25 ao sábado 29 de xuño de 20.00 a 23.00 horas e participarán once locais de hostalaría do municipio. Visitantes e veciños poderán gozar das mellores propostas gastronómicas durante estes cinco días.
Participan Mesón Catro Ventos, Polbeira O Candal, Restaurante On My Way, Café Bar Club, Bar da Comisión de Festas A Fonsagrada, Café Bar Demetrio, Restaurante Cantabrico, Bar Onde Luis, Cafetería Lua, Bar O Atallo e Complejo "O Piñeiral".