Organizan a décima edición da concentración de motos e coches clásicos de Castroverde
LugoXa
A cita forma aprte do programa da Feira de Artesanía e Gastronomía

5 Aug 2024
Castroverde prepara unha nova edición da Feira de Artesanía e Gastronomía que chega a súa décimo sétima convocatoria. Como parte do programa terá lugar o 18 de agosto unha concentración de motos e coches clásicos, que chega a súa décima convocatoria. As inscricións son de balde e poden realizarse nos números 646 204 723, 616 054 190 e no 636 060 724. Para optar ao premio será obrigatorio presentar a ficha técnica. Haberá distinción para o coche e a moto máis antigos.