Organizan dous obradoiros de astronomía en Cervantes
Organizan dous obradoiro de astronomía en Cervantes como parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A iniciativa Cárabos e Estrelas: ceo e diversidade terá lugar o 20 de xulllo de 19.00 a 00.00 horas na antiga escola de Piornedo. É para todos os públicos e ofértanse 15 prazas.
Ademais, o 31 de agosto terá lugar o Obradoiro: coñeceremos o ceo de 23.00 a 03.00 horas no Comeal. Está dirixida a todos os públicos e hai 20 prazas. Todas as actividades son gratuítas e teñen aforo limitado, polo cal é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982 227 812/813, nos que tamén poderán recibir máis información sobre a programación.