Organizan en Baleira unha xornada na memoria do mestre Arximiro Rico

LugoXa
O Lugar de Esgrade, en Cubilledo, no concello de Baleira, acollerá a Xornada Arximiro Rico
xornada_arximiro_rico
xornada_arximiro_rico
3 Xul 2024

O Lugar de Esgrade, en Cubilledo, no concello de Baleira, acollerá a Xornada Arximiro Rico o 6 de xullo. Na memoria do mestre farase unha visita á escola de Arximiro e un acto conmemorativo ás 12.00 horas.

Seguiralle unha tarde de charlas na Pousada do Boieiro sobre a comarca e os seus valores históricos, culturais e paisaxísticos, ademais dunha merenda popular. Os interesados en participar no xantar, que ten un prezo de 35 euros, poden reservar a través de xafern@yahoo.es

0.1514630317688