Organizan en Baleira unhas xornadas sobre sostibilidade e competencias dixitais

LugoXa
Desenvolverase en tres sesións de mañá e abordaranse dous módulos formativos en cada sesión
trabajo_internet_ordenador_recurso
Imaxe recurso
29 Xuño 2024

A Fegamp organiza xornadas de formación en sostibilidade e competencias dixitais para o turismo rural dentro do proxecto Retturn - Red de Experiencias Turísticas Basadas en el Entorno Rural. Deste xeito, programan dous ciclos formativos gratuítos, dirixidos a persoas que busquen mellorar as súas competencias para o sector do turismo rural.

Estase a traballar no ámbito territorial do GDR Montes e Vales Orientais para crear experiencias turísticas  en torno ás pallozas e os teitos de palla, a transhumancia e a gandaría de montaña e o patrimonio popular apícola. O proxecto dá un paso máis achegando formación específica relacionada coa sostibilidade e as competencias dixitais aos axentes do territorio vinculados ou interesados no turismo rural.

Desenvolverase en tres sesións de mañá e abordaranse dous módulos formativos en cada sesión. As persoas formadoras impartirán a formación presencial dende Baleira, e será retransmitida en streaming ás outras federacións de municipios e alumnado online. Esta formación é de balde e estará acreditada polo proxecto RETTURN. Celebrarase o 1, 2 e 3 de xullo de 9.30 a 14.30 horas na Casa do Concello.

0.18177509307861