Organizan en Becerreá unha actividade sobre astronomía
LugoXa
Forma parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
12 Ago 2024
Organizan en Becerreá unha actividade sobre astronomía un como parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A iniciativa Cárabos e Estrelas: Ceo e Biodiversidade será o 31 de agosto na Ponte de Cruzul de 19.00 a 00.00 horas.
É para todos os públicos e ofértanse 15 prazas. Todas as actividades son gratuítas e teñen aforo limitado, polo cal é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982 227 812/813, nos que tamén poderán recibir máis información sobre a programación.