Organizan en Castro Ribeiras de Lea un obradoiro de psicomotricidade e memoria

TerraChaXa | LugoXa
O servizo de prevención de condutas adictivas organiza un obradoiro de psicomotricidade e memoria en Castro Ribeiras de Lea.
obradoiro psicomotricidade memoria castro portada
15 sep 2022

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de psicomotricidade e memoria no Concello de Castro de Rei dirixido á poboación en xeral.

Este terá lugar no edificio da antiga escola de Castro Ribeiras de Lea, fronte á caseta do polbo, o día 4 de outubro, 16.30 a 20.30 horas.

A formación estará ao cargo da Escola Galega de Saúde e ten como obxectivo promover o desenvolvemento e estimulación das capacidades psíquicas, motrices, afectivas, expresivas, creativas e de comunicación.

Dentro do apartado teórico tratase sobre capacidades biolóxicas e motrices básicas, capacidades neuromotoras e sensoperceptivo motoras, procesos cognitivos básicos, habilidades sociais, de benestar e participación na diversidade cultural. Ademais haberá unha sesión teórico-práctica de psicomotricidade e outra de recuperación da memoria.

O obradoiro está dirixido á poboación en xeral e a inscrición está aberta ata o 26 de setembro a través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais); no mail prevenciondrogas@rabade.org remitindo : nome e apelidos, enderezo, teléfono, dni e mail, ou no teléfono 982.39.00.62 (María Barreiro).

obradoiro psicomotricidade memoria castro
0.23099684715271