Organizan en Rábade unha excursión para visitar Padrón e Vigo

LugoXa | TerraChaXa
O prezo da excursión é de 25 euros para as persoas empadroadas e 35 euros para as non empadroada
alumeado-nadal-vigo
24 Nov 2024

O Concello de Rábade organiza para o próximo 30 de novembro unha excursión que combinará a cultura e o ambiente festivo das luces de Nadal. A excursión sairá de Rábade e terá como primeira parada a Casa Rosalía de Castro en Padrón, onde os participantes poderán realizar unha visita guiada ao museo dedicado á escritora galega.

Despois, a excursión continuará cara a Vigo, onde os asistentes poderán disfrutar das tradicionais luces de Nadal que decoran a cidade durante esta época tan especial do ano.

O prezo da excursión é de 25 euros para as persoas empadroadas en Rábade e 35 euros para as non empadroadas, e inclúe o autobús de ida e volta, a entrada ao museo, a visita ás luces de Nadal e un xantar.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden realizar a súa inscrición na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade ata o 27 de novembro.

0.16851210594177