Organizan este martes en Outeiro de Rei un obradoiro de primeiros auxilios

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei organiza para este próximo martes 25 de abril un taller de RCP básica e primeiros auxilios
primeiros auxilios obradoiro outeiro de rei portada
23 Abr 2023

O Concello de Outeiro de Rei organiza para este próximo martes 25 de abril un taller de RCP básica e primeiros auxilios que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura en horario de 13:00 a 14:00 horas.

O taller é gratuíto e poderán asistir todas as persoas que o desexen sen inscrición previa. Conta coa colaboración do Colexio de Médicos de Lugo.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crisis asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimacion cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.

primeiros auxilios obradoiro outeiro de rei
0.086967945098877