Organizan este mércores unha concentración e un mural en solidariedade co pobo palestino

LugoXa
A Plataforma cidadá Lugo por Palestina ven de convocar ás asociacións da cidade, centros educativos, universidade e demais colectivos vinculados á cidade a participar na proposta artística que se levará a cabo o mércores 29 de novembro co gallo do Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, á que seguirá unha concentración.
manifestacion pobo paletino portad
28 Nov 2023

A Plataforma cidadá Lugo por Palestina ven de convocar ás asociacións da cidade, centros educativos, universidade e demais colectivos vinculados á cidade a participar na proposta artística que se levará a cabo o mércores 29 de novembro co gallo do Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, á que seguirá unha concentración.

"O mércores 29 de novembro celébrase o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, como cada ano, dende que no 1977 se declarara como día de loita en atención a un pobo que vive en ocupación, Apartheid e exilio dende o 1948. Un problema que a día de hoxe non só non se resolveu, senón que amosa a súa cara máis atroz", explican os organizadores.

"En só sete semanas, as prácticas de xenocidio sobre o pobo palestino por parte do Estado de Israel se teñen traducido en: máis de 14.300 persoas asasinadas (o 75% crianzas e mulleres), cando menos 30.000 feridas, e 3.640 desaparecida baixo os escombros con ou sen vida (entre elas máis de 1.770 crianzas); 1.7 millóns de persoas desprazadas (case un 80% da poboación); 26 dos 35 hospitais da Franxa fóra de servizo; 278 escolas bombardeadas; máis do 55% das vivendas destruídas; e dificultades de acceso a auga potable, enerxía e a atención médica que poñen en risco a vida do conxunto da palestina", engaden.

Considera que nesta repulsa ao xenocidio por parte da cidade de Lugo, os colectivos que defenden diariamente o dereito dos pobos a ser recoñecidos no seu valor e singularidade, teñen un papel fundamental. Por iso están convocados á concentración de protesta que realizarán o mércores 29, ás 20:30 horas, na praza da Mosqueira de Lugo.

E é que nese día vaise construír entre todas as persoas un mural colectivo de denuncia ao xenocidio e de reclamo do fin da violencia, que poder situar posteriormente nalgún lugar público da cidade. Os interesados poden levar a súa  achega (grupal ou individual) xa elaborada nunha folla de papel, ou elaborala alí mesmo o propio día. Esta iniciativa comezará ás 19.30 horas, unha hora antes.

manifestacion pobo paletino
0.17629599571228