Organizan no Castro de Viladonga un obradoiro sobre remedios naturais

LugoXa | TerraChaXa
Será o 9 de novembro e o prazo de inscrición está aberto
obradoiro-remedios-naturais-castro
30 Out 2024

O Museo do Castro de Viladonga anunciou a apertura do prazo de inscrición para o obradoiro A botica no castro de Viladonga, que terá lugar o sábado 9 de novembro de 2024 de 11:00 a 14:00 horas. A actividade estará dirixida por Lola Tourón Río, quen guiará aos participantes na elaboración de remedios naturais inspirados na tradición galega.

O obradoiro, cun máximo de 20 prazas dispoñibles, permitirá aos asistentes descubrir técnicas e coñecementos antigos sobre herbas medicinais e outros produtos naturais, fomentando así a conservación da cultura e tradicións locais.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao número 982 87 01 60. A selección dos participantes realizarase por orde de inscrición, polo que se recomenda anotarse canto antes.

0.20711302757263