Organizan o primeiro torneo de pádel de Baralla
LugoXa
Os interesados en participar deben facer as inscricións, que pechan o 25 de agosto ás 22.00 horas
28 Xul 2024
Xa está en marcha a I Edición do Torneo de Pádel Baralla. A cita será na pista de pádel outdoor da área Recreativa Manuel González Capón os días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro. Os interesados en participar deben facer as inscricións, que pechan o 25 de agosto ás 22.00 horas, unicamente vía WhatsApp no 695 057 386.
Teñen un prezo de 20 euros por persoa e de 10 euros por persoa en categoría extra. Inclúen agasallo de benvida, dous partidos asegurados, bolas e augas para os partidos e seguro de accidentes. Haberá premios en metálico para campións e subcampións en todas as categorías e tamén premios en material deportivo para os campións e subcampións.