Organizan o VIII Torneo de Nadal de Fútbol Sala de base organizado por Lugo Sala

LugoXa
A competición reunirá 77 equipos e máis dun milleiro de xogadores entre finais de decembro e comezos de xaneiro
Torneo-Nadal-Lugo-Sala
5 Dec 2025

Organizan o VIII Torneo de Nadal de Fútbol Sala de base promovido por Lugo Sala, unha cita deportiva que reunirá 77 equipos e máis de mil xogadores ao longo dos cinco días nos que se desenvolverán as distintas fases do campionato.

Na primeira fase competiranse 45 equipos distribuídos en cinco categorías, desde prebenxamín ata cadete, mentres que na fase nacional participarán 32 conxuntos pertencentes a catro categorías, desde benxamín a cadete.

Os organizadores destacaron que, un ano máis, o torneo converterase nun punto de encontro das mellores canteiras do fútbol sala galego e estatal. Debido ao elevado número de participantes, os partidos desenvolveranse en cinco instalacións deportivas da cidade.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación oficial do evento, que celebrará a fase autonómica os días 27 e 28 de decembro e deixará para o 2, 3 e 4 de xaneiro a fase de ámbito nacional.

Arias aproveitou o acto para felicitar o presidente de Lugo Sala, Marcos Pereira, e o conxunto do club polo labor que realizan no impulso do fútbol sala e do deporte base en Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.078114032745361