Organizan para este sábado un obradoiro de feltro artesanal na Casa das Insuas

TerraChaXa | LugoXa
O vindeiro sábado día 25 de novembro, en horario de 10 a 14 horas, na casa das Insuas de Rábade, terá lugar un obradoiro de fabricación de feltro de forma artesanal.
_obradoiro feltro artesanal rabade portada
20 Nov 2023

O vindeiro sábado día 25 de novembro, en horario de 10 a 14 horas, na casa das Insuas de Rábade, terá lugar un obradoiro de fabricación de feltro de forma artesanal.

O obxectivo da formación é coñecer as diferentes técnicas de obtención a partir da la, e descubrir as propiedades desta da man de Fran Galán, biólogo e experto na materia.

Esta experiencia está pensada para todos os públicos e as inscricións pode facerse en  www.custodiadoterritorio.org/actividades. Ofrecerase máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou 630-948 293 (teléfono ou WhatsApp).

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

obradoiro feltro artesanal rabade
0.17293906211853