Organizan senllas festas infantís en Castro de Rei e de Ribeiras de Lea polo Entroido

TerraChaXa | LugoXa
O Concello ten previsto o 18 en Castro Ribeiras de Lea e o 19 en Castro de Rei senllas festas infantís con concurso de disfraces.
30 Jan 2024

O Concello ten previsto, como todos os anos, actividades para a rapazada durante estas celebracións de Entroido.

Así, os pequenos terán o domingo 11 en Castro Ribeiras de Lea e o luns 12 en Castro de Rei as respectivas festas infantís con concurso de disfraces, merenda de Entroido, maquillaxe infantil, música, animación e bolsa de larpeiradas.

Estas celebracións, nas que haberá premios para as mellores parellas e grupos, ademais dos disfraces individuais mellor traballados, serán de 16.00 a 19.00 horas, na casa da cultura e no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo, respectivamente.

Estas festas están abertas á rapazada entre os 0 e os 14 anos.

Para participar nesta actividade gratuíta será necesario entregar a correspondente ficha oficial nas oficinas do Concello antes do 6 de febreiro.

0.15342903137207