Organizan un campamento medioambiental en Navia de Suarna

Forma parte do programa do terceiro trimeste da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
reserva_biosfera_actividades
1 Ago 2024

Organizan un campamento medioambiental en Navia de Suarna como parte do programa do terceiro trimeste da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A iniciativa terá lugar os días 19,20, 21, 22 e 23 de agosto na Escola de Barcia en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e hai 20 prazas. Todas as actividades son gratuítas e teñen aforo limitado, polo cal é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982 227 812/813, nos que tamén poderán recibir máis información sobre a programación.

0.16755604743958