Organizan un ciclo de charlas sobre innovación e tecnoloxía dos alimentos

LugoXa
Docentes e investigadores no Campus Terra da USC darán conta das súas pescudas e dos resultados dalgúns dos proxectos xa desenvolvidos no marco do ciclo de relatorios sobre innovación e tecnoloxía dos alimentos Desde o laboratorio ao sector agroalimentario de Lugo, un foro divulgativo orientado estudantes, investigadores e representantes de empresas ligadas co sector agroalimentario que se desenvolverá o vindeiro 20 de outubro, a partir das 11.
produtos de horta alimentos
16 Out 2023

Docentes e investigadores no Campus Terra da USC darán conta das súas pescudas e dos resultados dalgúns dos proxectos xa desenvolvidos no marco do ciclo de relatorios sobre innovación e tecnoloxía dos alimentos Desde o laboratorio ao sector agroalimentario de Lugo, un foro divulgativo orientado estudantes, investigadores e representantes de empresas ligadas co sector agroalimentario que se desenvolverá o vindeiro 20 de outubro, a partir das 11.30 horas, no edificio Cactus da sede universitaria luguesa. O programa, que conta con apoio económico da Deputación de Lugo, é de acceso libre e gratuíto para o público interesado, aínda que as prazas son limitadas. A inscrición, de balde, xa está aberta en liña.

A catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos, Mª Ángeles Romero Rodríguez, abrirá a quenda de intervencións deste programa coa charla O poder dos sentidos no control da calidade. De seguido, a investigadora Ramón y Cajal no Campus Terra Patricia López Sánchez ofrecerá o relatorio Os tubérculos como ingredientes en produtos alimentarios.

A autenticación de alimentos na cadea alimentaria: caso de éxito en ovos é o título da charla que ofrecerá a investigadora posdoutoral Gema Puertas, mentres que Manuel Vázquez Vázquez, catedrático de Tecnoloxía de Alimentos da USC, falará nesta sesión sobre o desenvolvemento dun novo procedemento para a obtención dun aditivo alimentario que contén transglutaminasa microbiana a partir de residuos da industria agroalimentaria.

O programa do ciclo sobre innovación e tecnoloxía de alimentos continuará cunha charla da investigadora predoutoral na USC María Flórez sobre extracción de potentes axentes antioxidantes de produtos con baixo interese comercial. De seguido, Patricia Cazón, investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia na sede universitaria luguesa, pechará a quenda de intervencións co relatorio De residuo alimentario a envase activo biodegradable para alimentos.

ciclo de charlas tecnoloxia dos alimentos
0.14960503578186