Organizan un coloquio en Monterroso sobre o impacto de Altri na infancia
LugoXa
A Plataforma Palas Viva e a Plataforma por unha Ulloa Viva organizan a cita
Cartel
30 May 2024
A Plataforma Palas Viva e a Plataforma por unha Ulloa Viva organizan un coloquio en Monterroso este sábado a partir das 12.00 para tratar o impacto de Altri na infancia. A dietista Belén Bijñan, a mestra Teresa Castiñeira, a bióloga e gandeira Ana Corredoira e a médica María Garrido aportarán múltiples visións sobre o proxecto.