Organizan un curso de cultivo de cogomelos en Lugo
LugoXa
A Sociedade Micolóxica Lucus organizou un curso de cultivo de cogomelos centrado na especie Lentinula edodes (shiitake).
25 Abr 2023
A Sociedade Micolóxica Lucus organizou un curso de cultivo de cogomelos centrado na especie Lentinula edodes (shiitake). Foi posible mediante unha colaboración coa empresa Shiifos, unha empresa lucense, radicada en Ribadeo, especializada no cultivo de este apreciado cogomelo.
Neste curso os participantes puideron obter información sobre todo o proceso deste cultivo e mesmo puideron realizar unha sesión práctica de inoculación de micelio deste fungo en troncos, tendo a oportunidade de levar cada un o seu tronco para a casa, do que xurdirán os cogomelos, unha vez aplicadas as técnicas aprendidas.