Organizan un curso de nutrición e alimentación consciente en Guntín

LugoXa
A Casa da Cultura acollerá a actividade o sábado 6 de setembro para promover hábitos saudables
curso-nutricion-practica
28 Aug 2025

A Casa da Cultura de Guntín acollerá o sábado 6 de setembro un curso de nutrición e alimentación consciente, destinado a fomentar hábitos saudables entre a poboación. O curso terá lugar de 9.30 a 14.30 horas e as inscricións xa están abertas.

As persoas interesadas poden anotarse ou solicitar máis información chamando ao 982 32 00 01.

A actividade busca concienciar sobre a importancia de coidar a alimentación como unha aposta por unha vida máis saudable.

⚙ Configurar cookies
0.18569183349609