Organizan un curso gratuíto en Cervantes para aprender a vender por Internet

LugoXa
O Concello organiza dúas sesións formativas para persoas con negocios rurais ou que queiran emprender
muller-ordenador-dixital-oficina-emprego
6 Sep 2025

O Concello de Cervantes organiza un curso gratuíto para aprender a vender por Internet, pensado para quen teñan un negocio no rural ou desexen emprender algún proxecto na zona.

A formación impartirase en dúas tardes, os venres 12 e 19 de setembro, de 16:00 a 21:00 horas en San Román de Cervantes.

Durante o curso, os participantes aprenderán na teoría e na práctica como presentar os seus produtos de forma atractiva e facer que sexan visibles en Internet, facilitando que os clientes poidan atopalos e compralos.

A sesión será impartida por unha persoa experta en vendas online e a inscrición é gratuíta, podendo anotarse chamando ao teléfono do Concello: 982 36 49 04.

⚙ Configurar cookies
0.15210795402527