Organizan un obradoiro de astronomía e patrimonio en Navia de Suarna

Forma parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera
reserva_biosfera_actividades
reserva_biosfera_actividades
8 Xul 2024

Organizan un obradoiro de astronomía e patrimonio en Navia de Suarna como parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A iniciativa terá lugar o 1 de setembro de 23.00 a 03.00 horas na Casa de Quindós, en Vilela.

Está dirixida a todos os públicos e hai 20 prazas. Todas as actividades son gratuítas e teñen aforo limitado, polo cal é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982 227 812/813, nos que tamén poderán recibir máis información sobre a programación.

0.1017849445343