Organizan un paseo literario por Lugo inspirado na novela negra 'Tras la niebla'

LugoXa
Durante o percorrido, a autora compartirá detalles sobre o proceso creativo da novela, proporcionando unha visión única sobre a súa escritura e a ambientación na cidade
Tras-la-niebla-Ivet-Núñez-e-Guido-Álvarez
5 Mar 2025

O vindeiro 18 de marzo terá lugar un paseo literario polos escenarios da novela negra Tras la niebla, que transcorre na cidade de Lugo.

A actividade estará guiada por Guido Álvarez e contará coa presenza da súa autora, a escritora e xornalista barcelonesa Ivet Núñez, quen acompañará aos participantes a través dos diferentes lugares que serven de escenario á trama da obra.

A cita será na Praza Pío XII ás 19.00 horas, e a ruta percorrerá o centro histórico de Lugo, onde os asistentes poderán descubrir os espazos que pisaron os protagonistas do libro.

Durante o percorrido, a autora compartirá detalles sobre o proceso creativo da novela, proporcionando unha visión única sobre a súa escritura e a ambientación na cidade.

A actividade, que terá unha duración aproximada dunha hora, é completamente gratuíta, e as inscricións xa están abertas. As persoas interesadas en participar poden reservar praza enviando un correo electrónico a guidoguiaturismo@gmail.com.

Ademais, os participantes no evento recibirán un agasallo por parte da autora, facendo desta actividade unha experiencia única para os amantes da literatura e da cidade de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.54673719406128