Organizan un seminario sobre diversidade afectivo-sexual
A Oficina de Igualdade de Xénero da USC promove xunto co centro Quérote + de Lugo a celebración de tres seminarios sobre diversidade afectivo-sexual na sede universitaria luguesa ao longo do mes de outubro. A inscrición para tomar parte nestas actividades é gratuíta e xa está aberta en liña.
O primeiro dos tres seminarios sobre diversidade afectivo-sexual programados no Campus de Lugo celebrarase o 13 de outubro, a partir das 11.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, o escenario no que se desenvolverá unha segunda edición desta actividade o 23 de outubro, a partir das 17.00 horas.
A Aula 9 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría acollerá o 26 de outubro, a partir das 17.00 horas, a terceira quenda deste seminario sobre diversidade afectivo-sexual, un programa que será impartido por profesionais do centro Quérote+ de Lugo. As sesións, que teñen unha duración de 90 minutos, están abertas a un máximo de 25 participantes