Organizan un viaxe a Vigo para maiores para o día 16
O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Cohesión Social, que dirixe Ana González Abelleira, oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, neste caso á cidade olívica.
Así o vén de anunciar a concelleira, quen comunicou que esta excursión municipal terá lugar o sábado 16 de decembro. A xornada arrincará ás 11:00 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 23:00 horas.
A proposta está pensada, unha vez máis, como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero está aberta a toda a veciñanza. Nesta liña, a Ana González aproveitou tamén para informar que se está programando outra viaxe para o mes de xaneiro, neste caso ao Castro de Viladonga.
As persoas interesadas en participar poderán apuntarse presencialmente hoxe e mañá no centro de convivencia de A Milagrosa, en horario das 10:00 ás 13:00 horas e as 50 prazas dispoñibles adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O custo da mesma é de 4’12 euros.