Organizan unha andaina solidaria contra o cancro en Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei organiza para o  domingo 26 de marzo unha andaina solidaria contra o cancro na senda ata Guillar.
cartel andaina 26 marzo andaina cancro outeiro portada
21 Mar 2023

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o  domingo 26 de marzo unha andaina solidaria contra o cancro con saída ás 11:00 horas do pavillón municipal dos deportes.

Trátase dunha actividade para toda a poboación, co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia de facer exercicio físico para previr o cancro e gañar en saúde.

O recorrido será de 7,5 km camiñando pola Senda Outeiro de Rei- Guillar; o regreso dende Guillar farase en autobús.

Unha vez rematada a andaina haberá un aperitivo  saudable no Pavillón Municipal.

O recadado pola venda de camisetas que se porán ese día a venda será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

Os interesados poden anotarse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou chamando ao 982 393 408.

cartel andaina 26 marzo andaina cancro outeiro
0.15425395965576