Organizan unha demostración de maquinaria forestal en Cervantes o 6 de marzo

LugoXa
O Castelo de Doiras acollerá unha exhibición gratuíta de máquinas forestais, desde equipos autopropulsados ata robots desbrozadoras, ás 10:30 horas
Castelo-de-Doiras-Cervantes
3 Mar 2026

O vindeiro venres 6 de marzo, ás 10:30 horas, no Castelo de Doiras terá lugar unha demostración de maquinaria forestal en acción.

Os asistentes poderán ver como funcionan desde máquinas autopropulsadas destinadas ao desbroce de estradas ata robots desbrozadoras, permitindo coñecer de primeira man as últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas ao traballo no monte.

A actividade é gratuita, pero require inscrición previa chamando ao Concello de Cervantes ao número 982 36 49 04. Esta é unha oportunidade única para descubrir como a tecnoloxía mellora a seguridade e a eficiencia no traballo forestal, así como para ver de cerca estas impresionantes máquinas en funcionamento.

0.11876606941223