Organizan unha nova ruta nocturna no Miradoiro de Paraños, en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración co GDR4, convida a todos os amantes da natureza e a astronomía para participar nunha segunda rolda
ceo-estrelado
14 Ago 2024

Tras o gran éxito logrado o luns 12 de agosto coa Ruta Nocturno de Observación das Bágoas de San Lorenzo no Miradoiro de Paraños, en Outeiro de Rei, son máis as persoas interesadas en realizar a ruta, ata ter lista de espera. Por iso, o Concello de Outeiro de Rei, en colaboración coa Asociación para ou Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo (GDR4), convida a todos os amantes da natureza e a astronomía para participar nunha segunda rolda.

Este evento astronómico terá lugar este venres 16 de agosto. O punto de encontro será ás 23.30 horas no Miradoiro de Paraños, un enclave perfecto para gozar do espectáculo natural que ofrecen as Perseidas, comunmente coñecidas como Bágoas de San Lorenzo. Esta actividade é unha oportunidade única para gozar da beleza do ceo nocturno, afastado da contaminación lumínica, nunha contorna natural incomparable.

A asistencia é totalmente gratuíta. Para participar, é obrigatorio inscribirse previamente en info@comarcadelugo.gal ou contactando co teléfono 982 23 80 00. Non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia máxica baixo as estrelas en Outeiro de Rei.

0.18844103813171